Image Image Image Image Image
¡Llámanos! 967 10 51 41   |   info@unoeditorial.com
Scroll to Top

To Top

Portada del libro "No labirinto das loias e dos medos"

No labirinto das loias e dos medos

Miguel Masa

Poesía, 48 páginas

ISBN: 978-84-18881-65-7

PVP (papel): 10 €

Comprar

  • Poemas para unha sociedade en crise e asolada pola pandemia. Un diálogo sobre a dor e a soidade que provocan a tribulación e a morte dos que se foron e os que quedan. Estamos diante duns versos que desprenden sentimentos opostos, pero que sempre zumegan resistencia diante do conformismo que nos esgana.
     
    Unha crónica da andada polo labirinto de incertezas no que estamos submersos por mor da incapacidade dos dirixentes para o consenso. Unha viaxe que esperta quer o positivo que todos portamos, quer os monstros que tiñamos esquecidos no máis fondo da corpo: a fraxilidade, a fraqueza, a mentira, a intolerancia, a morte inevitábel, e que se poden resumir nun só: o medo.
     


  • Miguel Masa. Escritor nado en Viveiro (A Mariña, Lugo). Realizou estudos universitarios en Santiago de Compostela. É membro de Seminario de Estudos Terra de Viveiro desde a súa fundación. Autor de diversos relatos e poemarios inéditos.