Xeografía anatómica

Exploración
Vítor Canoura
Poesía
  • 76 páginas
  • ISBN: 978-84-10319-75-2
  • PVP (papel): 13,00 €

Dónde comprarlo

Comparte:

Sobre el libro

Velaquí outro poeta mais, xunto con Miguel Masa ou Pedro Mayo, do Colectivo dos Flutuantes. Un poemario escrito ex-profeso para un certame de poesía, que por suposto non foi premiado e xamais chegou ao prelo. Ousado, apaixonado, sen cancelas, e con certeza políticamente incorrecto.

 

«Proponnos Vítor unha viaxe longa por un territorio impreciso. E a mellor viaxe é a que se fai a modo, descobrindo camiños e lugares que non aparecen nos mapas, deténdose nos recantos mais escuros, descobrindo segredos nunca pensados, cartografando lugares e paisaxes, mares e terras e estrelas coa intención de mapear unha orografía que, por moito que porfiemos, sempre ficará inconclusa».

Pedro Mayo

 

«A paixón require tempo, afouteza e liberdade para explorar a xeografía e gozar da paisaxe. E Vítor agasállanos cuns poemas que non son máis que pequenas historias, retallos de momentos vividos ou non vividos, pero sentidos como se foran presentes, que levan ao lector a soños e situacións que calquera cabeza puido e pode matinar. Un voo flutuante sen paracaídas, un papaventos cheo de poemas de amor para quen queira percorrer rotas á procura do acougo».

Miguel Masa

Sobre el autor/a

Vítor Canoura. Escritor nado en Viveiro (A Mariña, Galiza). Realizou estudos universitarios en Santiago de Compostela. Membro de Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Autor de diversos relatos e poemarios, entre eles No labirinto das loias e dos medos (Uno Editorial, 2022) e O mar que me mira (Ed. Toxosoutos, Colección letra inversa 2023).

Tenemos todo lo que necesitas para publicar tu libro

Sigue la flecha
Contacto al autor (desde catálogo)

Contacta con Vítor Canoura

Este formulario se enviará a la dirección de contacto que ha dejado el autor o autora del libro para atender pedidos, propuestas, opiniones, mensajes...