O mundo dos coros afeccionados, para os que o viven desde dentro, supón unha experiencia humana e musical única. Unha escolla de vida.
O presente estudo, realizado desde unha ollada antropolóxica ou etno-musicolóxica, quere ser, en palabras do seu autor, unha homenaxe a tódolos coros polos que ten pasado.
Acoutado a un breve período de seis meses na vida cotián durante os ensaios do CUCO (Coro Universitario do Campus de Ourense), ofrécenos unha visión en profundidade do que significa cantar nun coro.
Os lectores encontrarán nas súas páxinas a voz dos cantores relatando retallos de historias de vida coral. Porén, o ámbito particular do Cuco non debe constituir un obstáculo para poder universalizar as conclusións de forma que os centos de cantores cos que o autor ten convivido durante os últimos anos poidan chegar a recoñecerse nestas letras.
Xabier Álvarez Iglesias.
