Image Image Image Image Image
¡Llámanos! 967 10 51 41   |   info@unoeditorial.com
Scroll to Top

To Top

Ver ficha
Read More
A profecía e o xogo dos espellos

A profecía e o xogo dos espellos

Manuel González Prieto

Poesía, 64 páginas
ISBN: 978-84-17055-71-4
PVP (papel): 10 €
A profecía. Aquilo que unha persoa anuncia que vai ocorrer. Os silencios, as fraquezas e vaguidades anuncian a súa tendencia suicida, mais ela respira, abre os ollos e desaprende. A esquizofrenia invade a súa mente e corpo, e comeza a sentirse liberada e libre, comeza a latexar. Dá un paso máis e goza consigo mesma. É quen de xogar. O ceo e terra nos seus dedos. O mundo é por e para ela, faise inmortal, e mostra o seu poder na cea das imperfectas. Os espellos. Cada poema reflíctese no verso dunha escritora ou escritor, o seu espello. Por orde de aparición: Igor Lugris, Manoel Antonio, Luz Pozo, Xohana Torres, Alberto Lema, Emily Dickinson, Sylvia Plath, Anxo Angueira, Rosa Enríquez, Bernardino Graña, Estíbaliz Espinosa, Uxío Novoneyra, Dores Tembrás, Lois Pereiro, Oriana Méndez, María Lado, Lara Rozados, Celso Emilio Ferreiro, Joseba Sarrionandia, Manuel Murguía, Antía Otero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Fran Pérez NARF e María do Cebreiro.  O meu agradecemento a Iria Friné, Lola Ferreiro, Mónica Balado, Noelia E. Rionegro, Rosa Enríquez, Cristina Barbeito, Sara Martínez, Dores Asorei, Chus Pato, Rebeca Baceiredo, Sarela González, Eva Cañizares, Esther Folgueral, Helena Sanmamede, Oriana Méndez, Helena Salgueiro, Ana Gallego, Iolanda Zúñiga, Jeane Costa e Patricia Porto, pola súa colaboración nos vídeo-poemas. O vídeo-poema no enderezo.
Manuel González Prieto
C O M P R A R

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*

cuatro × 5 =